Estados Unidos, Chile / 5 min. / Videoarte / Castelán

Popsicles (xeado de auga) alude á relación entre a igrexa católica e a ditadura chilena. Móstranse primeiros planos de rostros cuxas bocas repiten o mantra do ave maría, mentres chupan un xeado de auga que dentro contén o clásico boneco de soldadiño en miniatura. A través desta acción simúlase unha felación por parte dos adeptos á igrexa e interpela a negación dos devotos para ver estes nexos. Mentres isto ocorre repítese en mantra o rezo do ave maría mentres soan sirenas e se escoitan avións. As figuras en miniatura, tamén rotas, deixan ver que o estado de guerra deixou desfeitas en corpos que agora non son máis bonecos.



Popsicles

Gloria Camiruaga

Chimbarongo (Chile), 1940

Formouse como pedagoga en filosofía na Universidade de Chile. Ademais de traballar na docencia, exerceu de xornalista en diversas revistas e diarios. En 1980 realizou estudos de videoarte no San Francisco Art Institute. Desde aquela, desenvolveu unha carreira como realizadora centrada no político e no que atinxe á condición da muller.