Francia / 69 min. / Documental / Muda

Documento costumista que reúne pezas curtas que non estamos afeitos a ver en cinema mudo, como son o erotismo, os xogos sexuais e toda clase de prácticas libidinosas dos nosos antepasados. Estas películas proxectábanse nos pases vespertinos de bordeis os venres e sábados, co fin de amenizar a espera dos cabaleiros. As pezas, agora reunidas baixo o título Golfos e picardías, foron atopadas no cuarto secreto dunha familia francesa moi respectable, que os cedeu discretamente.


Ficha técnica

Guión: Michel Reilhac, Pascal Greggory (Idea: Sébastien Marnier).
Fotografía: Michel Reilhac.
Música: Eric Le Guen.
Produción: Mélange Productions.


Polissons et galipettes / Golfos e picardías