Nota do público:

7,21

Francia / 132 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

Jacques é un escritor que vive en París. Aínda non cumpriu 40 anos e cre que o mellor da vida está por chegar. Arthur é un estudante que vive na Bretaña francesa. Le, sorrí moito e négase a aceptar que hai algo imposible na vida. Jacques e Arthur gústanse e viven como se estivesen nun soño romántico ou nunha historia triste.


Ficha artística

Vincent Lacoste, Pierre Deladonchamps, Denis Podalydès, Rio Vega, Willemijn Kressenhof.

Ficha técnica

Guión: Christophe Honoré.
Fotografía: Rémy Chevrin.
Produción: Les Films Pelléas / arte France Cinéma.

Crítica Cineuropa

Para Christophe Honoré, a evocación dunha historia de amor condenada á dilución e, con todo, vivida coa intensidade do gozar do momento atopa o seu leito neste excurso aos anos 90. Unha relación homosexual e a sida soa como referente cronolóxico de algo que é como un eco do pasado e dun futuro incerto. Sobre esa sensible estrutura reafírmase, sen medo o kitsch, esta crónica de pobres amantes, condenados pola ferida do tempo.


Plaire, aimer et courir vite / Sorry Angel

Christophe Honoré

Carhaix-Plouguer (Francia), 1970

Realizador, guionista e escritor francés. Autor de novelas para adolescentes, Honoré non foxe de temas polémicos, como o suicidio, o VIH ou o incesto. Como cineasta, realizou unha quincena de longametraxes, con títulos como Cancións de amor (2007) ou Les ben-aimés (2011). Christophe Honoré colabora asiduamente na radio.