Reino Unido / 101 min. / Ficción / Inglés

Mark Lewis é un psicópata que necesita rexistrar en imaxes o terror que senten as súas vítimas antes de morrer. Por iso exerce a profesión de fotógrafo, para poder satisfacer os seus máis morbosos impulsos sen levantar sospeitas. O seu desequilibrio provén daquela infancia na que o seu pai, un científico obsesionado por estudar as reaccións infantís ante o medo, esnaquizou a súa psique e o converteu en afectado por unha demencia perversa.


Ficha artística

Karlheinz Böhm, Moira Shearer, Anna Massey, Maxine Audley, Esmond Knight, Michael Goodlife.

Ficha técnica

Guión: Leo Marks.
Fotografía: Otto Heller.
Música: Brian Easdale, Wally Stott.
Produción: Anglo-Amalgamated Productions / Michael Powell.


Peeping Tom / O fotógrafo do pánico