Estados Unidos / 19 min. / Animación,Musical /

Animación tridimensional dun téxtil precolombino de dous mil anos de antigüidade creado na rexión Paracas/Naza do Perú, actualmente na colección do Brooklyn Museum de Nova York. Nesta obra, a artista recrea o universo poético do deserto transformado en xardín polos seus antigos habitantes.


Ficha técnica

Música de José Pérez de Arce e Claudio Mercado.
Cantos de Cecilia Vicuña.


Paracas

Cecilia Vicuña

Santiago (Chile), 1948

Poeta, artista, cineasta e activista. Viviu no exilio desde o golpe militar contra Salvador Allende. O seu traballo aborda as preocupacións do mundo moderno, incluída a destrución ecolóxica, os dereitos humanos e a homoxeneización cultural. As súas obras comezan como un poema, unha imaxe que se transforma nunha película, unha canción, unha escultura ou unha representación colectiva.