Nota do público:

7,05

Uruguai, Venezuela, Arxentina / 64 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Víctor, un neno de 11 anos, é adoptado polos seus tíos logo dun traumático accidente no que falecen os seus pais. A súa vida convértese nun inferno infestado de visións aterradoras que o acosan debido ao estrés postraumático. Os seus tíos intentarán romper o seu mutismo e achegarse a el, pero a súa visión do mundo xa traspasou a barreira da cordura.


Ficha artística

Pedro Cruz, Florencia Zabaleta, César Troncoso, Soledad Pelayo, Juan Sánchez, Ana Victoria Kollaian.

Ficha técnica

Codirección: Germán Tejeira.
Guión: Roberto Suarez, Germán Tejeira.
Fotografía: Arauco Hernández.
Música: Niolás Rodríguez Mieres, Manuel Scavone.
Produción: Guillermo Casanova.

Premios

  • Mellor ficción nacional, fotografía, dirección de arte, música, montaxe, dirección novel e mellor actriz pola Asociación de Críticos do Uruguai 2017.
  • Premio á mellor fotografía da Sociedade de Cinematografía do Uruguai.

Crítica Cineuropa

Ambientado nunha poboación decadente e opresora pero con certo encanto familiar mediante unha intencionadamente lóbrega fotografía, o filme segue a Víctor, un neno afogado nas súas turbias visións que o achegarán á tolemia. Unha historia ominosa que mestura fantasía e realidade. Un fermoso e escuro conto infantil para adultos.


Ojos de madera

Roberto Suárez

Montevideo (Uruguai), 1970

Estuda teatro e actuación na Escola de Teatro A Gaivota onde se gradúa en 1991. O seu labor no cinema comeza coa súa participación como actor en varias longametraxes uruguaias e arxentinas. Paralelamente á súa carreira como actor e director, exerce como docente da cátedra de actuación na Escola Municipal de Arte Dramática de Montevideo. Ojos de madera é a súa opera prima.

Germán Tejeira

Montevideo (Uruguai), 1982

Graduouse pola Escola de Cinema do Uruguai no ano 2004 nas especialidades de realización e fotografía. Desempeñouse como produtor, director, editor e guionista en diversos proxectos de ficción, animación e documental. Como codirector participou da longametraxe de Ojos de madera (2017), entre outras, e como director realizou a longametraxe de ficción Una noche sin luna (2014).