Nota do público:

5,80

Grecia, Polonia / 99 min. / Ficción / Grego

Mercar entrada

Un home duns 45 anos, avogado, vive co seu fillo nun fogar acomodado. A súa muller está en coma e a tristeza causada por isto converteuse no elemento principal da súa vida, o que lle dá unha sensación de pracer que devén en adicción. A súa dor fai que todos sintan compaixón por el: a veciña regálalle biscoitos, os tintureiros fanlle desconto e está a compartir unha certa intimidade emocional cunha empregada. A súa vida nunca foi mellor do que é agora que é unha persoa triste e compunxida.


Ficha artística

Yannis Drakopoulos, Evi Saoulidou, Nota Tserniafski, Makis Papadimitriou.

Ficha técnica

Guión: Babis Makridis, Efthimis Filippou.
Fotografía: Konstantinos Koukoulios.
Edición: Yannis Chalkiadakis.
Produción: Amanda Livanou, Christos V. Konstantakopoulos, Klaudia Smieja, Beata Rzezniczek.

Premios

  • Mellor filme e mellor director no Festival de Cine de Odessa.

Crítica Cineuropa

Tendo como eixo central a formidable interpretación de Yannis Drakopoulos —que nun sublime exercicio de xestualidade keatoniana, combina impasible o gag absurdo con momentos da perversidade máis absoluta—, Pity mantén o ton e o ritmo austeros, zarrapicados dun humor tan negro que se acaba sentindo como un coitelo entre as costelas. Elegantemente concibida e depravadamente convincente.


Oiktos / Pity

Babis Makridis

Kastoria (Grecia), 1970

Estudou dirección na Escola de Cinema Stavrakos en Atenas. Comezou a traballar como director no 2000 e desde aquela dirixiu varios anuncios comerciais, curtametraxes e videoclips. A súa primeira longametraxe L (2012) foi seleccionada nas competencias de Sundance, Róterdam e moitos outros festivais internacionais. Pity é a súa segunda longametraxe.