Romanía / 105 min. / Ficción / Romanés

Mercar entrada

Occidente sitúanos no contexto da migración romanesa a Europa Occidental. Divídese en tres partes que se mesturan entre si: unha parella que non atopa nin traballo nin vivenda e decide emigrar; unha nai, cuxa filla foi plantada no altar e quere que a moza case cun home de boa posición, aínda que para iso teña que emigrar; e un coronel da policía que recibe a visita dun mozo que emigrou a Alemaña máis dunha década antes.


Ficha artística

Tania Popa, Alexandru Papadopol, Coca Bloos, Dorel Vişan.

Ficha técnica

Guión: Cristian Mungiu.
Fotografía: Vivi Drăgan-Vasile.
Edición: Nita Chivulescu.
Produción: Hubert Bals Fund / McCann Advertising / Temple Film.

Premios

  • Candidata aos Premios Cámara de Ouro e CICAE en Cannes 2002.


Occident / Occidente