Portugal / 105 min. / Documental / Portugués,Italiano

Mercar entrada

“A Italia de hoxe perdeu a capacidade de ver”, e pode ser certa a afirmación, pero quedan moitos ollos dispostos a crer, a contar, a filmar, a explicar o que somos.


Ficha técnica

Guión e fotografía: Teresa Villaverde.
Produción: Alce Filmes.

Crítica Cineuropa

Como quedará demostrado, O termómetro de Galileu é moito máis que un repaso pola filmografía do director de Piccoli orrori. Villaverde acompaña a metraxe orixinal das mellores películas de De Bernardi con imaxes da casa de campo onde reside o director coa súa familia; así como extractos do diario persoal deste (lidos en italiano pola propia Villaverde), ou recitacións de poemas de Pier Paolo Pasolini e o soado Aullido de Allen Ginsberg. Esta xustaposición de elementos visuais e sonoros compoñen un ensaio poético sobre a admiración e a amizade entre cineastas.


O termómetro de Galileu

Teresa Villaverde

Lisboa (Portugal), 1966

Escritora, directora e figura referente da escola do Novo Cinema Portugués. O seu debut Os Mutantes (1988) gañou a sección Un Certain Regard de Cannes, co que acadou o recoñecemento internacional. Os seus seguintes filmes, sempre sensibles e próximos ao espectador, convertérona nunha habitual dos festivais internacionais máis importantes.