Brasil / 131 min. / Ficción / Portugués,Inglés,Mandarín,Persa

Os habitantes dun barrio da cidade brasileira de Recife séntense inseguros e contratan unha empresa que os protexa. Esta incursión, que pretende loitar contra a desconfianza que se instalou entre os membros dunha comunidade relativamente tranquila, altera a vida das súas rúas, aínda que a monotonía axiña atopa o seu camiño.


Ficha artística

Irma Brown, Sebastião Formiga, Gustavo Jahn, Maeve Jinkings, Irandhir Santos, W.J. Solha, Lula Terra.

Ficha técnica

Guión: Kleber Mendonça Filho.
Fotografía: Pedro Sotero, Fabricio Tadeu.
Música: DJ Dolores.
Produción: CinemaScópio.


O som ao redor