Nota do público:

6,28

México, Francia, Alemaña, Dinamarca, Suecia / 177 min. / Ficción / Castelán,Inglés

Mercar entrada

Unha familia vive no campo mexicano criando touros de lida. Esther está a cargo do rancho, mentres o seu marido, Juan, un poeta recoñecido en todo o mundo, cría e selecciona os animais. Cando Esther se namora dun adestrador de cabalos chamado Phil, a parella loita por superar a crise emocional.


Ficha artística

Carlos Reygadas, Natalia López, Eliazar Reygadas, Rut Reygadas, Phil Burgers.

Ficha técnica

Guión: Carlos Reygadas.
Fotografía: Diego García, Adrián Durazo.
Son: Carlos Cortés, Jaime Baksht, Michelle Couttolenc.
Produción: Jaime Romandía, Carlos Reygadas (Nodream, Mantarraya).

Crítica Cineuropa

Carlos Reygadas, tras o cume alcanzado con Post Tenebras Lux, coa cal foi mellor director en Cannes, propón un deses exercicios de nudez persoal tan insólitos pola súa coraxe que te acompañan longamente na memoria. A súa muller na vida real e o propio Reygadas exhiben os seus segredos de parella, as complexas e inconfesables leis do desexo sobre as cales se desequilibra a súa relación. E intúese esta exposición aberta de algo tan íntimo como un exercicio de autoexpiación dun home corroído pola culpa. Nese sentido, Nuestro tiempo é tamén unha obra de amor, unha maneira de tender pontes para reconstruír unha parella despois dunha tempada no inferno. Maxistral na súa moi nobre impudicia.


Nuestro tiempo

Carlos Reygadas

Cidade de México (México), 1971

Director, escritor e produtor, estuda dereito en Cidade de México e especialízase en Lei de conflitos armados e no uso da forza en Londres. En 2002 roda Japón, que recibe unha mención especial ao premio Cámara de Ouro de Cannes. Tamén en Cannes obtén o premio do xurado en 2007 por Luz silenciosa e o premio ao mellor director por Post Tenebras Lux en 2012.