Nota do público:

6,76

Italia / 125 min. / Ficción / Italiano

Mercar entrada

Verán de 1990. O cadáver dun recoñecido produtor de cinema aparace no río Tíber. Os principais sospeitosos son tres novos aspirantes a guionistas.


Ficha artística

Mauro Lamantia, Giovanni Toscano, Irene Vetere, Giancarlo Giannini, Roberto Herlitzka, Paolo Bonacelli, Ornella Muti.

Ficha técnica

Guión: Francesco Piccolo, Francesca Archibugi, Paolo Virzì.
Fotografía: Vladan Radovic.
Música: Carlo Virzì.
Produción: Lotus Productions / RAI / 3 Marys Entertainment.

Crítica Cineuropa

Paolo Virzì visitou por sorpresa #Cineuropa30 con La pazza gioia. Agora viaxa a 1990, década na cal a idade de ouro do cinema italiano se viu degolada pola telebasurización do país de man de Berlusconi e Mediaset. Virzì cóntao en clave de comedia de humor negro, con inxección de nostalxia e dúas vellas glorias como Giancarlo Giannini e Ornella Muti apadriñando a elexía polo club dos cineastas desaparecidos.


Notti magiche / Noites máxicas

Paolo Virzì

Livorno (Italia), 1964

É director e guionista, coñecido por La bella vita (coa que logrou o David de Donatello ao mellor director revelación en 1994), La prima cosa bella (2010), Tutta la vita davanti (2008), Ovosodo (1997) e La pazza gioia. Esta última foi a película sorpresa de #Cineuropa30.