Nota do público:

7,25

Brasil / 106 min. / Documental / Portugués

Mercar entrada

Creador do movimento Cinema Marginal? Autor dunha obra emblemática das artes visuais? Un xenio incomprendido? Un tolo? Quen é Neville D’Almeida? Por entre imaxes raras de arquivo, entrevistas e innumerable material audiovisual, o proxecto busca rescatar o papel do cineasta Neville D’Almeida, artista que foi consagrado como autor de obras polémicas e o director máis perseguido pola censura da ditadura militar brasileira, até caer en graza ao público con adaptacións do dramaturgo Nelson Rodrigues. A súa primeira longa, Xardín de Guerra, foi prohibida e xamais exhibida comercialmente. Preto dos 50 anos, inaugurou con esta longa a Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes en 1969, foi premiado no Festival de Brasilia e exhibiu o filme noutros europeos, sendo consagrado como unha das iconas do cinema experimental. A pesar dos moitos éxitos e filmes premiados en festivais, Neville non conseguiu estrear unha longa en circuíto comercial desde 1997 até este ano. Xa non existe a censura, mais a persecución nestes últimos vinte anos, segundo Neville, viña por medio do que el chama ditadura das convocatorias. Entre a ironía, a arte e o drama, Neville D’Almeida: cronista da beleza e do caos reconstrúe unha parte importante da historia do cinema brasileiro.


Ficha artística

Pedro Aguinaga, Marco Altberg, Cláudio Assis, Joel Barcellos, Luiz Carlos Barreto, Flavio Bauraqui.

Ficha técnica

Guión: Mario Abbade, Leonardo Luiz Ferreira, Celso Rodrigues Ferreira Jr.
Fotografía: Arthur Sherman, Vinicius Brum.
Son: Arthur Sherman.
Produción: Cavídeo, Canal Brasil, Abbade Entretenimento.

Premios

Seleccionado no Festival Internacional de Cine de Róterdam 2018. Seleccionado para o festival Es Todo Verdad 2018. Premio Impact Docs 2018. Premio ao mellor director de documentais internacionais no Festival de Iacarta 2018.


Neville D'Almeida: cronista da beleza e do caos

Mario Abbade

Río de Xaneiro (Brasil), 1965

Director, guionista, xornalista, profesor, crítico, escritor, editor, comisario de mostras cinematográficas e fundador do Río Fantastik Festival – Festival Internacional de Cine Fantástico de Río de Xaneiro. Foi presidente do xurado da crítica internacional en Cannes 2015 e na Berlinale de 2018, entre outros. Foi presidente da Asociación de Críticos de Cinema de Río de Xaneiro (ACCRJ) por dous mandatos e organiza anualmente a mostra Mellores Filmes do Ano.