Nota do público:

8,50

Alemaña, Italia / 188 min. / Ficción / Alemán,Ruso

Mercar entrada

Kurt é un estudante de arte na Alemaña do Leste. Está namorado da súa compañeira de clase, Ellie. O pai dela, o profesor Seeband, un afamado médico, non aproba a relación da súa filla e está decidido a destruíla. O que ningún deles sabe é que as súas vidas están conectadas por un terrible crime cometido hai décadas.


Ficha artística

Sebastian Koch, Tom Schilling, Paula Beer, Lars Eidinger, Rainer Bock, Florian Bartholomäi, Oliver Masucci.

Ficha técnica

Guión: Florian Henckel von Donnersmarck.
Fotografía: Caleb Deschanel.
Música: Max Richter.
Produción: Pergamon Film / Wiedemann, Berg Filmproduktion / Beta Cinema / RAI Cinema / ARTE / Bayerischer Rundfunk (BR).

Crítica Cineuropa

Florian Henckel gañou o premio do público e unha das ovacións máis prolongadas do festival con A vida dos outros en 2006. Doce anos tiveron que pasar para o seu agardado regreso, outro drama en tempos de divisións, fronteiras, guerras, réximes liberticidas, esvásticas e amores bigger tan life. E a arte como mecanismo de guión que representa esa pugna entre a liberdade e a opresión, entre a memoria e o soterramento. De novo, a tecla da emotividade impulsando o dramatis personae por enriba dos furacáns da Historia.


Never look away / Obra sen autor

Florian Henckel von Donnersmarck

Colonia (Alemaña), 1973

Estudou ruso no Instituto Nacional de Leningrado. Despois dun intenso período de prácticas en dirección cinematográfica con Richard Attenborough na produción de Love and War (1996), foi admitido nas prestixiosas clases de dirección na Academia de Cinema e Televisión de Múnic. A vida dos outros (premio Cineuropa 2006) foi a súa ópera prima.