Romanía / 142 min. / Ficción / Romanés

Mercar entrada

O período de entreguerras situou Romanía na esfera dun evidente proceso de industrialización e modernización urbanística. A pesar diso, o campo continuou sendo o centro da sociedade. A película contempla como se desfai unha familia campesiña tradicional. O intento autoritario e desesperado do cabeza de familia, Ilie Moromete, de conservar esta realidade, fracasa. Con Ilie Moromete desaparece un prototipo social representativo durante séculos da sociedade romanesa. De feito, desaparece unha identidade que non volveu ser substituída.


Ficha artística

Luminița Gheorghiu, Victor Rebengiuc, Gina Patrichi.

Ficha técnica

Guión: Stere Gulea.
Fotografía: Vivi Drăgan-Vasile.
Música: Cornelia Tautu.
Edición: Mircea Ciocâltei.


Moromeții / A familia Moromete