Nota do público:

9,02

España / 88 min. / Documental / Inglés,Castelán,Árabe

Mercar entrada

Grandes reporteiros de guerra contan as súas peores lembranzas e o xeito en que se enfrontan a elas. Ao mesmo tempo, coñecemos de preto o traballo de quen brinda axuda aos xornalistas que padecen tensión postraumática. Cada protagonista de Morir para contar falará dun conflito en particular, polo que será tamén unha viaxe á guerra desde Vietnam ata os nosos días, así como unha homenaxe aos compañeiros.


Ficha técnica

Guión: Hernán Zin.
Fotografía: Ignacio Barreto.
Música: Marcos Bayón.
Produción: Contramedia Films / Quexito Films.

Crítica Cineuropa

Un tema ata agora nunca tratado nun documental: as consecuencias psicolóxicas que sofren os reporteiros que traballan en zonas de conflito. Os horrores da guerra na narración das peores lembranzas destes xornalistas. O filme elévase como revelación e tamén como homenaxe para quen a padece, achegándose sobre todo ao humano, con delicada sobriedade.


Morir para contar

Hernán Zin

Bos Aires (Arxentina), 1971

Reporteiro de guerra, escritor, produtor e director de documentais italo-arxentino. Licenciado en relacións internacionais, percorre desde hai 20 anos​ o mundo dirixindo documentais e escribindo libros e reportaxes. Centra o seu labor en situacións de pobreza extrema e conflitos armados. Nacido en Gaza (2016) e Matadoras (2016), son algúns dos seus títulos.​​