Nota do público:

5,92

República Dominicana, España / 90 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

O tranquilo mundo dunha familia pequenoburguesa comeza a derrubarse a partir do momento en que Miriam, de 14 anos, coñece o seu noivo por internet. Mentres os seus familiares e amigas preparan con entusiasmo a tradicional festa de quince anos, Miriam non sabe como explicar que o seu noivo é negro.


Ficha artística

Dulce Rodríguez, Carolina Rohana, Pachy Méndez, Frank Perozo, Georgina Duluc, Vicente Santos, Ana Maria Arias.

Ficha técnica

Guión: Natalia Cabral, Oriol Estrada.
Fotografía: Israel Cárdenas.
Música: Ernesto Paredano.
Produción: Natalia Cabral, Oriol Estrada, Pablo Mustonen, Gabriel Tineo, Jordi Comellas, Paco Poch.

Premios

  • Mención especial do xurado no Festival de Karlovy Vary.

Crítica Cineuropa

Retrato cativador dunha cultura, á vez que unha crónica íntima da adolescencia e unha feroz crítica dunha sociedade clasista, racista e fachendosa. Todo iso cun estilo próximo ao documental, onde sobresae un elenco de actores –tanto novos como adultos, algúns experimentados, outros non profesionais— dunha naturalidade abraiante.


Miriam miente

Natalia Cabral

Santo Domingo (República Dominicana), 1981

Graduada na prestixiosa Escola Internacional de Cine e Televisión de Santo Antonio dos Baños, traballa man a man con Oriol Estrada desde o inicio da súa carreira. Xuntos fundaron a produtora Faula Films como plataforma creativa para o desenvolvemento e a coprodución de cine independente na República Dominicana. Realizaron os documentais Tú y yo e El sitio de los sitios.

Oriol Estrada

Capellades (España), 1983

Graduado na prestixiosa Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio dos Baños, traballa man a man con Natalia Cabral desde o inicio da súa carreira. Xuntos fundaron a produtora Faula Films como plataforma creativa para o desenvolvemento e a coprodución de cine independente na República Dominicana. Realizaron os documentais Tú y yo e El sitio de los sitios.