Xapón / 100 min. / Animación / Xaponés

Mercar entrada

Kun, un neno mequeiro e consentido de catro anos cuxos pais deixan de prestar atención cando nace a súa irmá Mirai, comeza a sufrir situacións en casa que nunca vivira. Mais logo, a versión adolescente da súa irmá viaxa no tempo desde o futuro para vivir xunto a Kun unha aventura extraordinaria máis alá do imaxinable.


Ficha técnica

Guión: Mamoru Hosoda.
Música: Takagi Masakatsu.
Produción: Studio Chizu.


Mirai no Mirai / Mirai, a miña irmá pequena

Mamoru Hosoda

Kamiichi (Xapón), 1967

Comeza como animador encargado de levar a Digimon (1999) á gran pantalla. Tras ser nomeado director do estudo Madhouse realizou A Moza que saltaba a través do tempo (2006) e Summer wars (2009). En 2011 abriu o Studio Chizu, onde dirixiu Nenos lobo (2012) e O neno e a besta (2014), que pasou polas nosas pantallas no 29º Cineuropa.