Romanía / 203 min. / Ficción / Romanés

Mercar entrada

Película histórica en dúas partes, dedicada ao príncipe que conseguiu unir en 1600 as tres provincias romanesas (Muntenia, Transilvania e Moldavia). Figura emblemática para os romaneses, Miguel o Valente adquiriu a inmortalidade na visión de Sergiu Nicolaescu.

A película ten de todo: grandiosas escenas de loita, intrigas políticas, traizóns infames, dramas familiares e, sobre todo, a interpretación dun dos mellores actores romaneses de todos os tempos, Amza Pellea.


Ficha artística

Olga Tudorache, Irina Gărdescu, Amza Pellea, Florin Piersic.

Ficha técnica

Guión: Titus Popovici.
Fotografía: Ovidiu Gologan.
Edición: Yolanda Mîntulescu, Dan Naum.
Produción: Filmstudio Bucuresti.


Mihai viteazul / A última cruzada