Nota do público:

8,33

Arxentina, España / 100 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Un artista outrora exitoso, queda moi afectado tras o fracaso da súa última exposición. O seu galerista, amigo de toda a vida, intentará revalorizar a súa obra custe o que custe. No mundo da arte, por absurdo que pareza, todo é posible.


Ficha artística

Guillermo Francella, Luis Brandoni, Raúl Arévalo, Andrea Frigerio, María Soldi, Alejandro Paker, Pablo Ribba.

Ficha técnica

Guión: Andrés Duprat.
Fotografía: Rodrigo Pulpeiro.
Música: Alejandro Kauderer, Emilio Kauderer.
Produción: Televisión Abierta / Arco Libre / Mediapro.

Premios

  • Premio do público na Seminci 2018.

Crítica Cineuropa

Gastón Duprat inaugurou o 30º Cineuropa con El ciudadano ilustre, comedia aceirada que chegaba a coquetear felizmente co bizarro. Se este filme trataba a fama intelectual dun Nobel confrontada coas súas orixes, a proposta da súa nova película —presentada na Mostra de Venecia—, móvese sobre outra desmitificación, a do mercado de valores da pintura contemporánea. E dous cómicos maiores da escena arxentina (Guillermo Francella e Luis Brandoni) afinan talentos nesta eficiente buddy-movie crepuscular.


Mi obra maestra

Gastón Duprat

Bahía Blanca (Arxentina), 1969

É director e produtor. Os seus primeiros traballos foron obras de videoarte e cine experimental. Os seus filmes, a maioría en codirección con Mariano Cohn, estreáronse en numerosos países e pasaron por festivais de todo o mundo como Venecia ou San Sebastián. Pola exitosa El ciudadano ilustre obtivo trinta premios internacionais, como o Goya á mellor película iberoamericana.