Nota do público:

6,12

México / 87 min. / Ficción / Castelán,Inglés

Mercar entrada

Mario Aburto, que fora condenado por asasinar ao candidato presidencial Colosio en 1994, atópase libre despois de 20 anos de prisión e regresa á cidade de Tijuana para reconstruír a súa vida, que delira entre a fama histórica e a procura do anonimato para sobrevivir, no contexto das eleccións de 2018. Chicali é un mozo de 24 anos que entrou no negocio de asasinar a soldo por unha casualidade inesperada, pero quere deixalo, sabedor de que quen o intenta morre. Jenny é unha vagabunda estadounidense da cidade de Los Ángeles, de 58 anos de idade, que decide cruzar a fronteira cara México, para cambiar a súa condición. Jenny namórase de Chicali e encoméndalle o asasinato de Mario.


Ficha artística

Baltimore Beltran, Paul Hertel, Adolfo Madera, Hoze Meléndez, Bella Merlin, Michael Ray.

Ficha técnica

Guión: Alejandro Ramírez Corona.
Fotografía: Víctor Dávila Camacho.
Música: Sonidero Travesura.
Produción: María del Carmen de Lara, Ana Hernández, Fernando Delgado, Alejandro Solar, UNAM, IMCINE.

Crítica Cineuropa

O novo director constrúe un relato coral con singular ambición narrativa para mostrar o arraigamento da violencia en México a través de tres personaxes "fronteirizos cuxo mundo está emocionalmente podre pero que é entrañable á vez" segundo o propio director, que filma un México que coñece ben e onde se entrevé ademais a denuncia dese estado de violencia e impunidade.


Mente revólver

Alejandro Ramírez Corona

Ciudad de México (México), 1977

Graduouse no Centro Universitario de Estudos Cinematográficos da UNAM. Coa curta Goodbye Garibaldi participou no 56º Festival de San Sebastián, Clermont-Ferrand 2009, Festival de Cine de Huesca e Camerimage, entre outros. Akiestamos foi a súa ópera prima. Actualmente prepara Puertas rotas, o seu seguinte proxecto.