España / 88 min. / Ficción / Castelán

Laura é unha pianista que abandona o fogar a causa dos malos tratos do seu marido. Coñece entón a Marta, unha vedete de revista e televisión, coa que traballará na preparación de novas cancións para o seu espectáculo. Desde o momento en que Laura se muda ao chalé de Marta, comezan os dixomedíxomes dos veciños.


Ficha artística

Rocío Dúrcal, Bárbara Rey, Francisco Algora, Ricardo Tundidor, Eva León, Luis Marín, Rafael Navarro.

Ficha técnica

Guión: Rafael Herrero, Enrique Martí Maqueda.
Fotografía: Raúl Artigot.
Música: Rafael Pérez Botija.
Produción: Óscar Guarido, Ángel Huete.


Me siento extraña