Francia / 55 min. / Documental / Francés

O 30 de decembro de 1975 —Ano da Muller—, o coñecido xornalista francés Bernard Pivot convida o programa que realizaba para a cadea televisiva Antena 2 a Françcoise Giroud, daquela Secretaria de Estado para a Condición Feminina. Despois de ver ese programa, as realizadoras sentiron a necesidade de contestar o que viran, utilizando para iso unha actitude humorística e uns recursos fílmicos moi interesantes.


Ficha artística

José Artur, Simone de Beauvoir, Françoise Giroud,
Bernard Pivot, Delphine Seyrig, Ioana Wieder.

Ficha técnica

Guión: Carole Roussopoulos, Ioana Wieder, Delphine Seyrig, Nadja Ringart.


Maso et Miso vont en bateau / Maso e Miso van en barco