Nota do público:

7,83

Xapón / 121 min. / Ficción / Xaponés

Mercar entrada

Despois dun dos seus habituais furtos, Osamu e o seu fillo atopan unha nena na rúa, entumecida de frío. Ao principio, a muller de Osamu non quere que quede con eles, pero acaba apiadándose dela. A pesar de sobrevivir con dificultades grazas a pequenos roubos, a familia é feliz, ata que un incidente imprevisto revela un segredo que pon a proba os lazos que os unen.


Ficha artística

Lily Franky, Sakura Ando, Mayu Matsuoka, Kirin Kiki, Sôsuke Ikematsu, Moemi Katayama.

Ficha técnica

Guión: Hirokazu Kore-eda.
Fotografía: Ryuto Kondo.
Música: Haruomi Hosono.
Produción: Kaoru Matsuzaki, Akihiko Yose, Hijiri Taguchi.

Premios

  • Palma de Ouro en Cannes 2018.
  • Premio ARRI/OSRAM á mellor película no Festival de Múnic 2018.

Crítica Cineuropa

Hirozaki Kore-eda, outro valor fixo da nosa programación, fíxose coa Palma de Ouro con este retablo de familia entendida como escola de ladróns. É, de lonxe, o mellor de Kore-eda desde Nobody Knows. Porque a afectación, a caída en formulas repetitivas e autocompracentes, en conflitos de familia subliñados ata o fastío, deixan aquí paso a un renacer do cineasta. E a súa película é subversiva, vivísima, corrosiva, con moito do cinema de pícaros de Berlanga ou Ferreri. Reconcíliense co gran Kore-eda.


Manbiki kazoku / Un asunto de familia

Hirokazu Kore-eda

Toquio (Xapón), 1962

Tras licenciarse na Universidade Waseda en 1987, entrou a traballar en televisión, onde realizou varios documentais de gran recoñecemento. En 2014 fundou a produtora Bun-Buku. Entre a súa ópera prima, Maboroshi non hikari (1995) e Un asunto de familia (2018), dirixiu 16 títulos, como Ninguén sabe (2004), Camiñando (2008) ou De tal pai, tal fillo (2013), gañadora do premio do xurado en Cannes.