Brasil / 99 min. / Ficción / Portugués

Inspirada na novela homónima de Mario de Andrade, o filme narra a historia e metamorfose de Macunaíma, un heroe preguiceiro e apoucado, que nace negro no interior de Brasil. Pero, na viaxe que realiza cos seus irmáns á gran cidade en busca dun amuleto da sorte, vólvese branco. Na cidade establecerá unha relación cunha guerrilleira urbana e un magnate capitalista.


Ficha artística

Grande Otelo, Paulo José, Jardel Filho, Dina Sfat, Milton Gonçalves, Rodolfo Arena, Joana Fomm, Wilza Carla, Hugo Carvana.

Ficha técnica

Guión: Joaquim Pedro de Andrade, Mário de Andrade.
Fotografía: Guido Cosulich.
Edición: Eduardo Escorel.
Produción: Joaquim Pedro de Andrade, K.M. Eckstein.

Premios

  • Mellor filme no Festival Mar del Plata 1970.


Macunaíma