Nota do público:

7,23

Portugal / 77 min. / Documental / Portugués

Mercar entrada

Cantos membros dunha familia son arrastrados pola rede da policía secreta polo arresto dun único preso político? Como dar forma a alguén que desapareceu sen ter unha existencia histórica? Tomando como punto de partida as fotografías tiradas pola policía política portuguesa (1926-1974), Luz escura busca revelar como opera un sistema autoritario dentro da intimidade familiar, á vez que desvela áreas de represión que moldean o presente.


Ficha artística

Álvaro Pato, Isabel Pato, Rui Pato.

Ficha técnica

Guión: Susana de Sousa Dias.
Fotografía: João Ribeiro.
Edición: Susana de Sousa Dias.
Produción: Ansgar Schäfer.

Crítica Cineuropa

Susana de Sousa Dias, cineasta profundamente política e implicada coa reescrita histórica do pasado recente portugués, cegou o mundo co seu segundo traballo, a sorprendente 48. Luz escura recupera a esencia e as formas ensaiadas en 48 pero en diálogo con novas ideas e técnicas visuais coas que constrúe este delicado ensaio sobre a memoria e o tempo. Recorre tamén a fotografías antigas, esta vez de disidentes políticos e tomadas pola PIDE (a policía secreta do Estado Novo), e inclúe imaxes en cor, testemuños en audio e desasosegantes planos marítimos. A aparición de imaxes en cámara lenta ofrece ao espectador a oportunidade de centrarse nas historias, pero tamén nos individuos que as protagonizan, espertando nel unha inevitable empatía. A película convértese nunha viaxe no tempo a través de fotografías fixas que teñen o poder de mergullarnos no contexto do que proveñen.


Luz obscura

Susana de Sousa Dias

Lisboa (Portugal), 1962

Ten un doutoramento en belas artes e unha mestría en estética e filosofía da arte. Completou o curso de cine da Escola de Teatro e Cinema en Lisboa e asistiu á Escola de Música do Conservatorio Nacional. Entre as súas obras, exhibidas por festivais de todo o mundo, salientan Enfermeiras no estado novo (2000), Natureza Morta (2005) e 48 (2009).