Italia / 100 min. / Ficción / Italiano

Relato sobre as emocións e os desexos dunha parella en ton satírico. O autor decántase por explorar o intimismo, os problemas de alcoba e a protagonista feminina: Anita, unha moza duns vinte anos que acepta casar cun home responsable e traballador. Con todo, a voda é fixada demasiado axiña e iso provoca malestar e ansiedade á rapariga.


Ficha artística

Tina Aumont, Gigi Proietti, Nino Segurini, Germano Longo, Giorgio Gruden, Osiride Pevarello, Attilio Corsini.

Ficha técnica

Guión: Tinto Brass, Gian Carlo Fusco, Franco Longo, Gigi Proietti.
Fotografía: Silvano Ippoliti.
Produción: Lion Film.


L'urlo