España / 78 min. / Ficción / Castelán

Julián, Ramón, Juan, o Chato, Paco e Manolo son membros desa mocidade española á que ata agora non se lle dedicou atención máis que nas comisarías. Rapaces de clase social baixa, miserable e descoñecida. Son un grupo de amigos que sobreviven como poden nos arrabaldes de Madrid. Juan quere ser toureiro, e os seus amigos cometen pequenos atracos para poder pagar o seu debut.


Ficha artística

Manuel Zarzo, Óscar Cruz, Juanjo Losada, Rafael Vargas, María Mayer, Luis Marín.

Ficha técnica

Guión: Carlos Saura, Mario Camus, Daniel Sueiro.
Fotografía: Juan Julio Baena.
Música: Antonio Ramírez, José Pagán.
Produción: Films 59.


Los golfos