Nota do público:

7,75

Italia, Francia / 156 min. / Ficción / Italiano

Mercar entrada

Sergio Morra é un atractivo home feito a si mesmo que soña con dar o salto dos seus cuestionables negocios de provincia á escala internacional. O camiño máis rápido para conseguilo é achegarse a Silvio, o home máis poderoso de Italia. Para Sergio só hai unha maneira de chamar a atención de Il Cavaliere: as festas, as velinas, as extravagancias e o exceso.


Ficha artística

Toni Servillo, Elena Sofia Ricci, Riccardo Scamarcio, Kasia Smutniak, Euridice Axén, Fabrizio Bentivoglio.

Ficha técnica

Guión: Paolo Sorrentino, Umberto Contarello.
Fotografía: Luca Bigazzi.
Música: Lele Marchitelli.
Produción: Indigo Film / Pathé / France 2 Cinema.

Crítica Cineuropa

Sorrentino brillou na súa opera magna da Italia dos anos de chumbo e o complot permanente encarnados por Giulio Andreotti en Il Divo. Para poder expresar o que representou Berlusconi e a súa corte das sevicias, só cabe representar ese reino da inmundicia a través dunha telenovela bárbara, o kitsch do porno brando e as viaxes opiáceas en nave de caspa. O sobe e baixa lisérxico do bunga-bunga, Vila Certosa e as velinas, envolvidas nunha torta explosiva, un desmembramento de toda orde e lei. Un Tirano Banderas acaramelado, un Padriño das Mamma Ciccio. Era unha vez un circo. E Toni Servillo axigantándose e pedindo amor, moito amor para Silvio.


Loro / Silvio e os outros

Paolo Sorrentino

Nápoles (Italia), 1970

Comeza a estudar economía e comercio, pero aos 25 anos abandona eses estudos para dedicarse ao cinema e á literatura. As súas películas amosan un particular estilo surrealista, barroco e existencialista que cuestionan o poder e a relixión. É autor de, entre outras, Il Divo (2008), merecedora do gran premio do xurado no Festival de Cannes, e da multipremiada La grande bellezza (2013).