Nota do público:

5,34

China / 133 min. / Ficción / Mandarín

Mercar entrada

Luo Hongwu regresa a Kaili, a súa cidade natal, da que fuxiu hai varios anos. Comeza a procura da muller que amaba, e a quen nunca puido esquecer.


Ficha artística

Tang Wei, Sylvia Chang, Meng Li, Huang Jue, Chen Yongzhong, Lee Hong-Chi, Luo Feiyang.

Ficha técnica

Guión: Bi Gan.
Fotografía: David Chizallet, Hung-i Yao.
Música: Giong Lim, Point Hsu.
Produción: Huace Pictures / Zhejiang Huace Film, TV / Dangmai Films.

Crítica Cineuropa

Tras triunfar en Locarno con Kali Blues, Bi Gan incrementou a súa sona no pasado Cannes con este filme que cativou na sección Un Certain Regard. Con ecos de In the Mood for Love, a procura dun antigo amor percorre a película e, transcorrida unha hora, Bi Gan introduce os créditos como dun comezo. En efecto, asistimos a unha proeza iniciática: os 50 minutos restantes do filme son un único plano-secuencia no que o encontro dos amantes se respira como algo onírico, como un baile de ambos sobrevoando literalmente a realidade.


Long day's journey into night / Longa viaxe do día cara á noite

Bi Gan

Kaili (China), 1989

En 2013, a súa curta Diamond Sutra recibiu unha mención especial na categoría de novos talentos asiáticos do XIX Festival IFVA. A súa recoñecida primeira longametraxe, Kaili Blues gañou, entre outros, o premio ao mellor director emerxente no 68º Festival Internacional de Cinema de Locarno. Long day's journey into night é a súa segunda longametraxe.