Nota do público:

6,56

Francia / 96 min. / Documental / Francés

Mercar entrada

A tempada de verán nun centro de ocio preto de París está en pleno apoxeo, polo que non escasean as situacións divertidas na concorrida piscina. Unha ollada á mentalidade dos visitantes e empregados do extenso parque: franceses brancos e inmigrantes que chegan para relaxarse porque carecen dos medios necesarios para gozar dunhas vacacións máis exóticas.


Ficha técnica

Son: Nicolas Joly, Arnaud Marten.
Fotografía:Martin Rit.
Edición: Karen Benainous.
Produción: Nicolas Anthome – Bathysphere.

Crítica Cineuropa

É a Francia de hoxe a que retrata Brac neste documental, terra de acollida, de inmigrantes chegados dos cinco recunchos do mundo e tamén é a Francia das fronteiras que para eles constrúe o propio sistema. Un filme afable e optimista, belo e punzante a un tempo, que non se conforma coa celebración, simple, da convivencia interracial e multiétnica senón que constitúe unha profunda reflexión histórico-política. Non só iso: Brac filma a infancia coa elocuencia dun grande observador.


L'île au trésor / A illa do tesouro

Guillaume Brac

París (Francia), 1977

Graduado en produción pola Femis (Escola Nacional Superior de Oficios da Imaxe e o Son), comeza como asistente de dirección e esta experiencia confirma o seu desexo de dedicarse ao cinema. Funda xunto a varios compañeiros a produtora Year Zero e en 2013 realiza Tonnerre, a súa ópera prima, unha historia de amor que foi premiada en varios festivais.