Nota do público:

6,84

Francia / 75 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

Marianne deixa a Abel por Paul, o seu mellor amigo e pai do fillo que está a esperar. Oito anos máis tarde, Paul morre e Abel volve con Marianne. Isto provoca os celos do fillo de Marianne e da irmá de Paul, Eva, namorada en segredo de Abel desde a súa infancia.


Ficha artística

Louis Garrel, Laetitia Casta, Lily-Rose Melody Depp, Joseph Engel.

Ficha técnica

Guión: Jean-Claude Carrière, Louis Garrel.
Fotografía: Irina Lubtchansky.
Música: Philippe Sarde.
Produción: Why Not Pro / Wild Bunch.

Premios

  • Mellor guión (ex aequo) no Festival de Cine de San Sebastián 2018.

Crítica Cineuropa

Louis Garrel, ademais de dirixir, protagoniza a este tipo inseguro, zarandeado de modo non pouco sadomasoquista por dúas mulleres que din querelo pero que non fan máis que manipulalo ata a extenuación. O que resulta é un afiado relato a tres voces sobre o (des)amor, no que Garrel debuxa gozosos puntos de fuga entre Hitchcock e François Ozon. E decide que mellor deixar que sexa a nosa imaxinación a que peche todos eses labirintos sobre a natureza humana e o amor como enfermidade que deflagra sempre no outro.


L'homme fidèle / Un home fiel

Louis Garrel

París (Francia), 1983

Comeza a súa carreira como actor traballando, con seis anos, ás ordes do seu pai en Le Baiser de Secours. Continúa a súa formación no teatro e incorpórase ao Conservatorio Nacional Superior de Arte Dramática de Francia. Como actor traballa con, entre outros, Bertolucci, Philippe Garrel e Christophe Honoré. En 2015 realiza a súa primeira longametraxe como director: Les deux amis.