Nota do público:

7,19

Rusia, Francia / 126 min. / Ficción / Ruso,Inglés

Mercar entrada

Leningrado, un verán a principios dos 80: a escena do rock da cidade está en pleno apoxeo. Viktor Tsoï, un mozo músico que creceu escoitando a Led Zeppelin, T-Rex e David Bowie, está a tratar de facerse un nome. O encontro co seu ídolo Mike e a súa esposa Natacha cambiará o seu destino. Xuntos construirán unha lenda que os levará á eternidade.


Ficha artística

Irina Starshenbaum, Teo Yoo, Roman Bilyk, Philipp Avdeev.

Ficha técnica

Guión: Lily Idov, Mikhail Idov, Kirill Serebrennikov (baseado nas memorias de Natalia Naumenko).
Fotografía: Vladislav Opelyants.
Son: Boris Voyt.
Produción: Ilya Stewart, Murad Osmann, Pavel Buria, Mikhail Finogenov.

Crítica Cineuropa

Ter unha banda de rock na Unión Soviética dos 80 podía ser moi cool pero entrañaba serias dificultades. Naquel Leningrado máis permisivo que Moscova, asistimos á evolución daqueles mozos tan raros para o socialismo real. Que a subversión floreza entre versións de Bowie ou mesmo Chuck Berry non evita que Leto, ademais das súas lecturas ideolóxicas, posúa as servidumes do cinema sobre rockeiros: as amizades fragmentadas, as disputas amorosas a tres ou a nostalxia da rebeldía. Leningrado, finais dos 80… tal como eramos.


Leto / Summer

Kirill Serebrennikov

Rostóv-na-Donú (Rusia), 1969

Director de teatro, cine e televisión. É director de arte do Gogol-Center en Moscova desde 2012. En 1992 graduouse en física na Rostov State University. En 2016, (M)uchenik presentouse na sección Un Certain Regard no Festival de Cannes e foi galardoada co premio François Chalais. Con Leto acadou a súa primeira selección na sección oficial do Festival de Cannes.