Nota do público:

5,95

Francia, Italia / 120 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

Unha casa na Costa Azul, afastada do tempo e protexida do mundo. Alí é onde Anna pasa as vacacións de verán coa súa filla. Rodeada da súa familia, amigos e empregados, Anna intenta recuperarse da súa recente ruptura sentimental mentres prepara o guión da súa próxima película.


Ficha artística

Valeria Bruni Tedeschi, Pierre Arditi, Valeria Golino, Noémie Lvovsky, Yolande Moreau, Marisa Borini, Bruno Raffaelli.

Ficha técnica

Guión: Valeria Bruni Tedeschi, Noémie Lvovsky, Agnès de Sacy.
Fotografía: Jeanne Lapoirie.
Produción: Ad Vitam Production / BiBi Film / Canal+.

Crítica Cineuropa

Preside e percorre esta lúcida obra de Valeria Bruni Tedeschi unha preciosa carga de humor sarcástico: a dos guapos burgueses que habitan na súa dacha da Costa Azul, un cadro coral como un illote ao sol, onde se adiviñan perfís autobiográficos de Bruni Tedeschi. E un elegante espello case esperpéntico que reflicte sen acritude pero con afiado e intelixente bisturí as excentricidades desta clase do dolce far niente e os seus servos do arriba e abaixo.


Les estivants / A casa de verán

Valeria Bruni Tedeschi

Turín, Italia, 1964

Actriz e cineasta, participou en numerosas producións tanto en Italia como en Francia. En 2003 debutou como directora coa película É máis doado para un camelo..., coa que logrou o premio Louis-Delluc á mellor ópera prima, e varios premios máis no Festival de Tribeca. Actrices (2007) e Un castelo en Italia (2013) son outros dos seus títulos.