Nota do público:

5,54

Uruguai / 88 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Alfonso sae de traballar e vai ao mar. Mergúllase na auga e nada. Emerxe nunha praia onde estivo de vacacións coa súa familia cinco anos atrás. Alí comeza unha viaxe fantástica por diferentes veráns e balnearios nos que estivo ao longo da súa vida.


Ficha artística

Alfonso Tort, Fabiana Charlo, Julieta Zylberberg.

Ficha técnica

Guión: Adrián Biniez.
Fotografía: Nicolás Soto Díaz, Germán De León.
Edición: Pablo Riera, Alejo Moguillansky.
Produción: Agustina Chiarino, Fernando Epstein (Mutante Cine).

Crítica Cineuropa

Las olas é unha especie de comedia que xoga de forma episódica cos recordos, cos amores e coas aventuras de verán. Un pouco unha viaxe fantástica, un pouco un soño, outro pouco memorias mal lembradas e transformadas nalgo estraño polo paso dos anos.


Las olas

Adrián Biniez

Remedios de Escalada (Arxentina), 1974

En 2009 estreou na Berlinale Gigante, a súa celebrada ópera prima. Alí recibiu tres galardóns, entre eles un Oso de Prata. A súa segunda longametraxe, El 5 de Talleres, tivo a súa estrea no Festival de Cinema de Venecia 2014 e foi exhibido en recoñecidos festivais como Róterdan, Mar del Plata ou São Paulo.