Nota do público:

4,96

Arxentina / 115 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Tres mulleres crúzanse por azar na fin do mundo e inician unha viaxe poliamorosa que as transforma ata devolvelas á súa cidade natal sendo outras, ou talvez aquelas que sempre quixeron ser. Suxeitos que sofren fronte á orde establecida, fronte ao irreversible da paixón e fronte ao utópico dun amor único, experimentan na procura de novas formas de relacionarse, afastadas da posesión e da dor como ineludible final do amor fóra de todos os canons.


Ficha artística

Carolina Alamino Barthaburu, Mijal Katzowicz, Rocío Zuviría, Wanda Rzonscinsky, María Eugenia Marcet, Ivanna Colona Olsen, Mar Morales, Erica Rivas, Cristina Banegas.

Ficha técnica

Guión: Albertina Carri.
Fotografía: Inés Duacastella.
Edición: Florencia Tissera.
Produción: Eugenia Campos Guevara / Gentil.

Crítica Cineuropa

En Las hijas del fuego o andar polas rutas, polo tempo e pola vida convértese para as protagonistas en puro goce, en ríos de pracer e diversión.

Unha banda dedicada a acompañar outras mulleres na procura da súa propia erótica, na procura da oportuna forma que cada unha ten de estar nun mundo que descoñece da voluptuosidad do desapego.


Las hijas del fuego

Albertina Carri

Bos Aires (Arxentina), 1973

Esta cineasta e guionista é unha das grandes figuras que están a consolidar o Novo Cinema Arxentino como movemento. A súa filmografía inclúe No quiero volver a casa (2000), Los rubios (2003), Géminis (2005), La rabia (2008) e Cuatreros (2017, exhibida no 31º Cineuropa). É a fundadora de Asterisco, o Festival de Cine Internacional LGBTIQ de Arxentina.