Nota do público:

6,48

Paraguai, Alemaña, Brasil, Noruega, Uruguai / 97 min. / Ficción / Castelán,Guaraní

Mercar entrada

Chela e Martina viven xuntas desde hai máis de 30 anos. Como fillas de familias de boa posición social herdaron suficiente diñeiro como para vivir comodamente sen necesidade de traballar. Pero agora, cando as dúas teñen máis de 60 anos, eses cartos herdados acabáronse.


Ficha artística

Ana Brun, Margarita Irún, Ana Ivanova, Nilda González, María Martins, Alicia Guerra.

Ficha técnica

Guión: Marcelo Martinessi.
Fotografía: Luis Armando Arteaga.
Produción: La Babosa Cine / Pandora Film / Mutante Cine / Norsk Filmproduksjon A/S / Esquina Filmes.

Premios

  • Oso de Prata Alfred Bauer, Oso de Prata á mellor actriz, premio da crítica (FIPRESCI) e premio Teddy concedido pola resvista Mannschaft no Festival de Berlín 2018.
  • Mellor película latinoamericana no Festival de San Sebastián.

Crítica Cineuropa

Ofende que esta sensible e belísima historia da emancipación liberatoria dunha muller outonal provocase escándalo e desaprobación cando se presentou no seu país, Paraguai, por tratar unha relación lésbica. Ten moito dun Visconti en Asunción: a decadencia dunha burguesía que ten que vender os seus mobles de valor, o peche da súa protagonista —marabillosa Ana Brun— que se ve forzada a vencer a súa agorafobia, a saír á luz, a atoparse coa epifanía do desexo aínda vivo cara a outra muller, no que é un canto do cisne da beleza que remite a Morte en Venecia.


Las herederas

Marcelo Martinessi

Asunción (Paraguai), 1973

Estudou comunicación na Universidade Católica de Asunción e cinema en Nova York, Londres e Madrid. Desde os seus inicios involucrouse en proxectos de curtametraxes e documentais con temáticas sociais e de identidade. A súa curta Karai Norte (2009) foi o primeiro traballo paraguaio en chegar á Berlinale. Las herederas é a súa ópera prima.