Francia / 102 min. / Ficción / Francés,Inglés

Nalgún lugar de Europa Oriental, Melania é comprada por Boyan, un proxeneta. Seymour, un turista norteamericano, vai ao club de striptease onde traballa Melania e sente inmediata atracción pola moza. Por ela viaxará ao interior dun mundo erótico, perverso e decadente.


Ficha artística

Zachary Knighton, Anna Mouglalis, Marc Barbe, Zsolt Nagy, Raoul Dantec, Vladimir Zintov.

Ficha técnica

Guión: Philippe Grandrieux, Eric Vuillard.
Fotografía: Stéphane Fontaine.
Música: Étant Donnés.
Produción: Blue Light / Canal+ / Centre National de la Cinématographie / French Productions / Gimages 5 / L Films / LOZ / Maïa Films / arte France Cinéma.


La vie nouvelle