Bélxica, Francia, Suíza / 105 min. / Ficción / Francés

Ano 1828. Max é un neno de 12 anos, orfo e vagabundo, que está a piques de suicidarse tirándose por un cantil. Por fortuna, Ambroise, un pastor que casualmente pasa preto de Max, evítao no ultimo instante. Esa mesma noite, Ambroise ensínalle a Max a xogar ao xadrez e o neno queda fascinado. Deseguida, e tan só coa primeira partida e as regras máis básicas, Ambroise decátase de que Max está especialmente facultado para o xadrez, amosando as aptitudes dun xenio.


Ficha artística

Pierre Richard, Denis Lavant, Catherine Deneuve, James Wilby, Delphine Bibet, Hilde Heijnen, Harry Cleven.

Ficha técnica

Guión: Yves Hanchar, Josiane Morand.
Fotografía: Denis Lenoir.
Música: Frédéric Devreese.
Produción: France 3 Cinéma.


La partie d'échecs / A partida de xadrez