Uruguai, Arxentina, España / 122 min. / Ficción / Castelán

Ano 1973. Uruguai está baixo o poder da ditadura militar. Unha noite de outono, nove presos Tupamaros son sacados das súas celas nunha operación militar secreta. A orde é precisa: "como non puidemos matao, imos volvelos tolos". Os tres homes permanecerán illados durante 12 anos. Entre eles estaba Pepe Mujica, quen máis tarde se convertería en presidente de Uruguai.


Ficha artística

Antonio de la Torre, Chino Darín, Alfonso Tort, César Troncoso, Soledad Villamil, Sílvia Pérez Cruz.

Ficha técnica

Guión: Álvaro Brechner.
Fotografía: Carlos Catalán.
Música: Federico Jusid.
Produción: Alcaravan / Haddock Films / Hernández y Fernández P.C / Manny Films / Movistar+ / Salado Films / Tornasol Films / ZDF/Arte.

Premios

  • Premio do público no Festival de Cine Latinoamericano de Biarritz 2018.

Crítica Cineuropa

Máis preto do ámbito intimista, da supervivencia da conciencia do home combativo, que da épica do cinema ambientado en prisións, as emocións da obra de Brechner nacen dunha raíz moito máis fonda, a do gran cinema sobre espíritos indómitos. A súa achega a esta estirpe —e tamén a unha reconstrución nobre, preñada de honestidade, da memoria histórica de Uruguai— respírase como un proceso liberador e tamén de expiación. Un cinema que se planta sobre unha realidade de titáns feramente humanos.


La noche de 12 años

Álvaro Brechner

Montevideo (Uruguai), 1976

A súa carreira iniciouse na dirección de documentais e curtas, que foron estreadas en numerosos festivais internacionais. En 2009 escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe, Mal día para pescar, presentado na Semana da Crítica do Festival de Cannes. O seu segundo filme, Mr. Kaplan (2014), foi candidato ao Goya á mellor película iberoamericana.