Nota do público:

8,04

Uruguai / 86 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

Aldo e Gabriella levan case 50 anos de matrimonio, teñen tres fillos e varios netos e prepáranse para vivir a súa vellez en tranquilidade. Pero algo non está ben. Aqueles mozos que se apaixonaron o un polo outro nos anos 50, que xuraron amarse e acompañarse ata o último día, están distanciados. As súas personalidades, os seus intereses e as súas formas de ver o mundo xa non son as mesmas. E ao cumprir os 80 comezan a preguntarse: por que estamos xuntos?


Ficha técnica

Guión, edición e produción: Claudia Abend, Adriana Loeff.
Fotografía: Jackie Bourdette, Fabio Berrutti.
Música: Lito Vitale.

Premios

  • Premio do público ao mellor documental no Festival de Málaga.
  • Premio especial do xurado no Festival Internacional de Cine Documental È Tudo Verdade – Brasil.

Crítica Cineuropa

La flor de la vida é un conto de fadas enfrontado á realidade, unha historia universal sobre o amor —e o desamor—, as relacións de parella, e os desafíos de envellecer. Un filme que obriga á reflexión e interpela o espectador sobre as súas propias decisións vitais. Cheo de humor e de ironía, mergúllanos sobre as viscisitudes dunha experiencia universal.


La flor de la vida

Claudia Abend

Montevideo (Uruguai), 1979

O seu debut foi en 2001 con El comienzo del fin, un recoñecido e persoal documental sobre o plebiscito que marcou o fin da ditadura en Uruguai. En 2008 estreou xunto a Adriana Loeff a súa primeira longametraxe en co-dirección, Hit, un documental que reflexiona con sensibilidade e humor sobre a memoria, o esquecemento e a fama. La flor de la vida é a súa segunda longa xuntas.

Adriana Loeff

Montevideo (Uruguai), 1979

É docente, xornalista e documentalista. Ten unha mestría en estudos latinoamericanos e unha licenciatura en comunicación social. En 2008, estreou xunto a Claudia Abend a súa primeira longametraxe en codirección, Hit, un documental que reflexiona con sensibilidade e humor sobre a memoria, o esquecemento e a fama. La flor de la vida é a súa segunda longa xuntas.