Nota do público:

8,07

Arxentina / 815 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada Primeiro acto, Segundo acto e Terceiro acto

La Flor é un complexo narrativo integrado por seis narracións independentes e sucesivas. O punto de unión entre elas é que en cada unha das historias actúan as mesmas catro actrices: Pilar Gamboa, Elisa Carricajo, Laura Paredes e Valeria Correa.

Dada a longa duración do filme, exhibirase en tres partes en días consecutivos coa seguinte estrutura:

Parte I: 210’20’’ + un intervalo de 15 minutos.
Parte II: 312’5’’ + dous intervalos de 15 minutos.
Parte III: 290’22’ + dous intervalos de 15 minutos.


Ficha artística

Elisa Carricajo, Valeria Correa, Pilar Gamboa, Laura Paredes.

Ficha técnica

Guión: Mariano Llinás.
Fotografía: Agustín Mendilaharzu.
Música: Gabriel Chwojnik.
Edición: Agustín Gagliardi, Felicitas Soldi.
Produción: Laura Citarella - El Pampero Cine / Piel de Lava.

Premios

  • Mellor filme da Competencia Internacional no 20° Bafici.
  • Hubert Bals Audience Award no Festival Internacional de Róterdan 2018.

Crítica Cineuropa

Un dos maiores acontecementos cinéfilos do ano, se non da década. Mariano Llinás (xunto a Lucrecia Martel o autor arxentino de referencia no que vai de século) presenta unha película de trece horas! En realidade, os seus capítulos encadéanse en ata seis historias diferentes, todas elas protagonizadas por catro actrices, e nas cales Llinás trebella cos subxéneros tradicionais: o cinema de terror, o melodrama kitsch coas guerras dos Rose dun dúo Pimpinela, unha fascinante trama de espías que bebe directamente de John Le Carré, unha relectura d'Una partie de champagne de Renoir. Obra de obras, aproximación a unhas Mil e unha Noites pampeira, é La Flor un experiencia de xenio libre imprescindible. Para facer viable que a gocen sen trasnoitar, exhibirase en días consecutivos e, iso si, en pase único. Non a deixen pasar. Todos os festivais a desexan.


La flor

Mariano Llinás

Bos Aires (Arxentina), 1975

Director e guionista, membro do grupo de cineastas El Pampero Cine (xunto a Laura Citarella, Alejo Moguillansky e Agustín Mendilaharzu). En 2002, realizou o seu primeiro filme titulado Balnearios. En 2008, realizou Historias extraordinarias, a súa segunda longametraxe, aclamada pola crítica e de gran repercusión entre o público en Arxentina.