Francia / 113 min. / Ficción / Francés

Ethel, unha aspirante a actriz, acepta o papel protagonista na adaptación cinematográfica dunha obra de Dostoyevski. Desconforme coa súa actuación, o excéntrico e dominante director someterá a actriz a unha presión que a vai deixar mentalmente extenuada, incapaz de distinguir entre o mundo real e o seu papel na película.


Ficha artística

Valérie Kaprisky, Francis Huster, Lambert Wilson, Patrick Bauchau, Gisèle Pascal, Roger Dumas, Diane Delor, Jean-Paul Farré, Olivier Achard, Yveline Ailhaud.

Ficha técnica

Guión: Andrzej Zulawski, Dominique Garnier.
Fotografía: Sacha Vierny.
Música: Alain Wisniak.
Produción: Hachette-Fox Productions.

Premios

  • Premio especial do xurado no Festival de Montreal 1984.


La femme publique / A muller pública