Galicia / 79 min. / Ficción / Galego,Castelán

César é un home en paro de 40 anos. Está casado con Sara e teñen unha filla de dous anos. Xa hai tempo que Sara mantén economicamente a familia co seu soldo de perruqueira e trata de apoiar a César para sacalo da súa rutineira vida. Pero algo sucede no interior de César que lle fai cambiar o rumbo da vida.


Ficha artística

Fran Paredes, Deborah Vukusic, Santi Prego, Isabel Naveira.

Ficha técnica

Guión: David Hernández, Toni Bascoy.
Fotografía: Neira.
Música: Iván Blanco.
Produción: Alex Penabade, David Hernández, Analía G. Alonso.


La felicidad de los perros

David Hernández

Vigo (España), 1971

Realizador, director de fotografía e docente de ampla experiencia no sector audiovisual. Escribiu e dirixiu 5 curtas de ficción e Spaces of time, unha serie de curtas documentais sobres cidades europeas. La felicidad de los perros é a súa primeira longametraxe.