España / 67 min. / Documental,Experimental / Castelán

En 1984 Rober e a súa banda Los Fiambres sacaban o seu primeiro e único LP titulado El lado oscuro del Rock and Roll. 30 anos despois Rober viaxa a Vigo para atoparse con Nacho, un amigo fotógrafo. Alí descobre que neste tempo todo cambiou. Nin el nin Vigo parecen estar presentes. Talvez a única saída sexa atopar a Ronnie.


Ficha artística

Rober Soler, Nacho Alonso, José Regueiro, J. Manuel Hermelo.

Ficha técnica

Guión: Alberto Gracia.
Fotografía: Mauro Herce.
Música: Jonay Armas.
Produción: Alberto Gracia, Felipe Lage Coro, José Alayón.


La estrella errante

Alberto Gracia

Ferrol (España), 1978

Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo. Na súa obra introduce ferramentas como a pintura, o debuxo, a performance, o vídeo e a instalación. En 2010 escribiu o ensaio Microfugas, Teoría y Juego de la profanación. Realizou unha curta en 16 mm, Microfugas (2008), e a recoñecida longametraxe O quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (2013).