Nota do público:

6,85

Francia / 94 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

En Verderonne, pequena vila en Oise, preto de París, é o primeiro día do verán e Claire Darling esperta convencida de que é o seu último día. Decide baleirar a súa casa e poñer todo á venda. Estes obxectos tan amados reflicten o que foi unha vida tráxica e resplandecente. Esta última tolemia de Claire provocará o regreso da súa filla Marie, a quen non viu desde hai 20 anos.


Ficha artística

Catherine Deneuve, Chiara Mastroianni, Samir Guesmi, Laure Calamy, Alice Taglioni, Johan Leysen, Olivier Rabourdin.

Ficha técnica

Guión: Julie Bertucelli, Sophie Fillières (Novela: Lynda Rutledge).
Fotografía: Irina Lubtchansky.
Produción: Les Films du Poisson.

Crítica Cineuropa

Catherine Deneuve sae do seu longo peche, como dun sarcófago, para poñer en almoeda os seus caros obxectos: lámpadas de Tiffany a 1 euro. Para poñer coto a tan fermosa tolemia chega a súa filla —tamén na vida real—, Chiara Mastroianni. Todo queda na casa… ou fóra dela, nese bazar das sorpresas. Adaptación da novela de Lynda Rutlesge Faith Bass Darling's last garage sale.


La dernière folie de Claire Darling / A última tolemia de Claire Darling

Julie Bertuccelli

Boulogne-Billancourt (Francia), 1968

Directora, guionista, directora de fotografía, enxeñeira de son e auxiliar de edición. Foi asistente de Krzysztof Kieślowski, Bertrand Tavernier, Rithy Panh, Emmanuel Finkiel e Otar Iosseliani. Dous dos seus filmes máis recoñecidos son The Tree (2010) e  Depuis qu' Otar est parti.... pola que recibiu o gran premio da crítica de Cannes en 2003.