Nota do público:

7,29

Arxentina / 62 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

A cea branca é unha noite máxica para as mozas que terminan a secundaria, ese día serán princesas como as dos contos. Romina non puido cumprir o seu soño: o día da súa cea branca estaba presa, matara o seu bebé, concibido tras unha violación que quedou impune. O caso de Romina Tejerina desvela a impunidade da violencia sexual e a epidemia de nais nenas e adolescentes. Miles de mulleres en todo o país toman a defensa de Romina e apuntan a responsabilidade da Igrexa e do Estado.


Ficha técnica

Guión: Olga Viglieca.
Fotografía: Alejandro Rath.
Edición: Hernán Martín.
Produción: Hernán Martín.

Crítica Cineuropa

Hernán Martín e Francisco Rizzi, fundadores do grupo de cinema militante Ojo Obrero, poñen o foco no mediático caso de Romina Tejerina para evidenciar as carencias da conservadora sociedade arxentina de San Pedro de Jujuy, unha comunidade que vive condicionada pola relixión, as políticas de austeridade e o machismo, onde o aborto non está permitido e ante unha violación culpabilízase á vítima mentres se xustifica ao verdugo. O documental articúlase con base no testemuño de todos os implicados no proceso: as forzas vivas da cidade, os avogados, activistas, médicos, familiares, amigos e veciños. A partir das súas reflexións e dos acontecementos que se van precipitando, a película maniféstase como unha alegación contra a opresión dun sistema patriarcal que trata as mulleres como cidadás de segunda categoría.


La cena blanca de Romina

Francisco Rizzi

Bos Aires (Arxentina), 1975

Membro fundador do Grupo de cinema militante Ojo Obrero e graduado en imaxe e son pola Universidade de Bos Aires. Ademais das súas actividades profesionais como artista de Foley, traballou en varias curtas, mediometraxes e longas, como ¿Quién mató a Mariano Ferreyra? ou Argentinazo, comienza la revolución. La cena blanca de Romina é a súa ópera prima.

Hernán Martín

Bos Aires (Arxentina), 1974

Graduado en imaxe e son pola Universidade de Bos Aires, é membro fundador do grupo de cinema militante Ojo Obrero. Ademais das súas actividades profesionais como editor e camarógrafo, traballou en varias curtas, mediometraxes e longas, como ¿Quién mató a Mariano Ferreyra? ou Argentinazo, comienza la revolución. La cena blanca de Romina é a súa ópera prima.