Nota do público:

8,84

Alemaña, España / 97 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

Ata o día de hoxe, ninguén foi xulgado polo exterminio organizado que tivo lugar durante o golpe de estado, a guerra civil e a ditadura encabezada por Franco, nin se reparou ás vítimas. Máis de 100.000 persoas continúan desaparecidas. Despois de que o intento de Baltasar Garzón de xulgar estes crimes fracasase en 2010, vítimas de franquismo presentan ese mesmo ano unha querela en Bos Aires, a coñecida como Querela Arxentina. La causa contra Franco presenta casos de crimes concretos incluídos na Querela Arxentina. Ao intercalar material de arquivo en parte inédito coa metraxe actual, e ao contextualizar histórica e legalmente cada caso, a película ofrece novas evidencias.


Ficha técnica

Guión: Dietmar Post, Lucía Palacios.
Asesor histórico: Francisco Espinosa.
Edición: Karl-W. Huelsenbeck & Gertrudis Hantschnk.
Produción: Dietmar Post.

Crítica Cineuropa

Lucía Palacios e Dietmar Post traballaron nesta película máis de 8 anos. Durante ese tempo, lograron establecer contacto con persoas de ambos os lados do conflito, incluída a filla dun dos xenerais involucrados no golpe de 1936, quen conserva un retrato enmarcado en prata do líder nazi alemán Hermann Göring, agasallo persoal deste ao seu pai. La causa contra Franco arroxa luz sobre un episodio case esquecido da historia europea e expón a pregunta: Podería a querela presentada en Arxentina desembocar no último gran xuízo contra unha ditadura fascista do século XX? O Núremberg español?


La causa contra Franco: ¿el Núremberg español?

Lucía Palacios

Moral de Calatrava (España), 1972

Estuda comunicación audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e cinema na NYU Film School de Nova York. Entre 1996 e 2000 traballa como produtora para Canal+ e TVE nos Estados Unidos. Desde 1997 codirixiu varias curtas e documentais co seu compañeiro Dietmar Post e colaborou na produción doutros tantos.

Dietmar Post

Espelkamp (Alemaña), 1962

Traballa como impresor antes de estudar teatro, cine e lingua española na Freie Universität de Berlín e na Universidade Complutense de Madrid. Entre 1995 e 2003 vive e traballa en Nova York. Alí estuda na NYU Film School, onde filma a súa primeira curta, a recoñecida Bowl of Oatmeal, á que seguiron outras ficcións e varios documentais.