Francia, Bélxica, Luxemburgo / 117 min. / Ficción / Inglés

Agosto de 2000. O submarino nuclear da armada rusa K-141 naufraga durante un exercicio en augas do mar de Barents. Un desastre ao que lle segue unha marcada neglixencia gobernamental internacional que ten a todo o mundo expectante. Mentres os mariñeiros loitan por sobrevivir atrapados dentro do submarino, as súas familias enfróntanse desesperadamente contra os obstáculos políticos e as escasas probabilidades de rescatalos.


Ficha artística

Matthias Schoenaerts, Léa Seydoux, Colin Firth, Max von Sydow, Michael Nyqvist, Peter Simonischek, Martin Brambach.

Ficha técnica

Guión: Robert Rodat.
Fotografía: Anthony Dod Mantle.
Música: Alexandre Desplat.
Produción: Europa Corp / Belga Productions / VIA EST.

Crítica Cineuropa

Centrando Kursk sobre a misión de salvamento marítimo e a supervivencia da tripulación a porta pechada, así como na inquietude das familias, Vinterberg non esquece cargar o seu thriller claustrofóbico cunha aguda crítica da sociedade rusa de principios de século XXI, e o seu discurso de fachada que pretende esconder as fallas dun país de infraestruturas vetustas. A posta en escena, sobria e desposuída de grandes artificios, fai xustiza ao trauma das familias e ao sacrificio destas novas vítimas condenadas sobre o altar do orgullo nacionalista. Un drama político e humano, tinguido de punxente melancolía e cólera ardente.


Kursk

Thomas Vinterberg

Frederiksberg (Dinamarca), 1969

Rematou os seus estudos na Escola Nacional de Cinema de Dinamarca en 1993 coa película Last Round, que recibiu numerosos premios e chegou a estar mesmo nomeada ao Oscar. É cofundador do movemento cinematográfico Dogma 95. A caza (2012), Dear Wendy (2004) e Submarino (2010), son algúns dos seus filmes que pasaron por Cineuropa.