Xapón / 144 min. / Ficción / Xaponés

Izumi está casada cun recoñecido novelista. O seu día a día pasa por unha anódina rutina e por unha relación sen paixón. Intentando cambiar este xeito de vida, comeza a traballar nun mercado, logo proba como actriz nunha película porno e finalmente comeza a exercer a prostitución. Cando se ve envolvida nun mundo de sexualidade irrefreable, un morto aparece nun dos hoteis que ela visita cos clientes.


Ficha artística

Megumi Kagurazaka, Miki Mizuno, Makoto Togashi, Kanji Tsuda, Kazuya Kojima, Satoshi Nikaido, Ryûju Kobayashi.

Ficha técnica

Guión: Sion Sono.
Fotografía: Sôhei Tanikawa.
Música: Yasuhiro Morinaga.
Produción: Nikkatsu.


Koi no tsumi / Guilty of romance